| |
Negra sombra(Rosalia de Castro - Xoán Montés) Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo Sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras:
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Volver
atrás
Para citar esta página: http://www.cancioneros.com/nc/3708/0/negra-sombra-rosalia-de-castro-xoan-montes | |
 |