Invivo

Vox dei


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp

Vexo medrar procreos, fobias do mal maior
Pasivos devorados, arredor

Fermosa aberración, anega as propias veas
Sorrisos desgraciados, nesa visión

Comprende ben, aprende a desgarrar
Ficción indestrutible, non natural

Deciden puritanos: aborto é inmoral
Non así a tiranía e poder fusilar

Por que esa ira, por que señor
O ben non chega, coa resurrección

Un mundo baixo fobias, separando
Comercio da moral, control dende o altar

Bestas sobre esa copa convidan a brindar
Beben seu sangue non é casual

Expulsados por non ter fe, sen nada que nos salve
Abrasados por non crer, pastores piden sangue

Chagas que non se selan, imaxes do fatal
Reclaman subsistencia, cal é a misión?

Abuso a menores, violación silenciada
Que mandamentos dis que temos que cumprir?

Apestan rezos falsos, cando a mentira é arte
A túa caridade puro interese

Asisten condenados, no corredor da morte
Detesto a idea que tes do perdón