Amancio Prada

A Dama E O Cabaleiro


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


A dama que ía no branco cabalo
levaba un pano de seda bordado,
na verde frol
as letras van de amor!
O cabaleiro do cabalo negro
levaba unha fita colléndolle o pelo,
na verde frol
as letras van de amor!
No medio do rio cambiaron as vistas
él para o pano i ela para a fita,
na verde frol
as letras van de amor!
As vistas lles viron o rio cambiar
e o pano e a fita por se enamorar,
na verde frol
as letras van de amor:
Con amor vivirás!

O cabaleiro da pruma na gorra,
meu amigo é!
O cabaleiro do verde tabardo,
meu amigo é!
Ogallá que na guerra non morra,
meu amigo é!
Non de frecha, de asta, nen dardo,
meu amigo é!
Meu amigo é!
Meu amigo é!
Meu amigo é!

O cabaleiro da pruma na gorra,
meu amigo é!
O cabaleiro do verde tabardo,
meu amigo é!
Ogallá que na guerra non morra,
meu amigo é!
Non de frecha, de asta, nen dardo,
meu amigo é!
Meu amigo é!
Meu amigo é!
Meu amigo é!