Amiga, Namorado Vou
Por oír a unha rula decir de amor,
amiga, namorado vou!
Por mirar as cerdeiras como botan fror,
amiga, namorado vou!
Por verte e non te vere, no verde prado,
amiga, namorado vou!
Porque non me non queres por teu namorado.
amiga, namorado vou!
No vento poréi este meu lume novo
porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo!
Amiga, namorado vou!
Amiga, namorado vou!
Amiga, namorado vou!