Amancio Prada

Vamos Bebendo


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos,
andando o tempo.
I hei de vendelos caros
polo xaneiro,
i hei de xunta-los cartos
para un mantelo,
i heino de levar posto
no casamento,
i hei…

Pois mira, Marica,
vai por un neto,
e antramentas non quitas
eses cerellos,
i as pitas van medrando
co galo negro,
para poñe-los ovos,
e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos,
i o casamento,
miña prenda da y-alma,
¡vamos bebendo!


Autor(es): Rosalía de Castro, Amancio Prada