Canción da noite do afiador


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp

Saudade para os teus ollos…
Para os teus pasos, saudade…
A vida é un longo camiño
para os teus días errantes
i-onde o teu corazón soña
xira a roda, noite avante…
Voltas qu´a noite moceira
dá a túa roda de saudades!

As estrelas coñeceron
a túa door de camiñante,
i-unha a unha, cada estrela
frorecen para acenarte…
Sonou o teu asubío
tan fondo na noite amante
que voltou com´unha roda
a copa de cada árbre!


Autor(es): Augusto Casas Blanco, Popular inglesa