Ruxe-Ruxe

Vella escola


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp

Camiñando entre arames
os anos pasan por riba.
Cuspíndolle ó almanaque
dende á esquina da rúa.

Deixando pasar ás luces
en dirección contraria.
Os vellos cans xa se preparan
para a nova batalla.

Vella escola, neno.
Vella escola.
Vella escola, neno.
Vella escola.

Xa todo mudou de aspecto,
todo deu outra volta.
Non se escoitan os aplausos
ó final desta obra.

Nada queda que agardar,
só buscar na memoria
palabras para tatuar
o mellor desta historia.

Vella escola, neno.
Vella escola.
Vella escola, neno.
Vella escola.

Nun local da zona vella
soan vellas cancións
e na barra de madeira
mesmas conversacións.

Utopías sementadas,
noites cheas de sol.
Amizades espetadas,
licor e rock and roll...
Rock and roll!

Vella escola, neno.
Vella escola.
Vella escola, neno.
Vella escola.

Vella escola, neno.
Vella escola.
Vella escola, neno.
Vella escola.