Dakidarria

Pai


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


Da túa man recorrín
laberintos de contradicción.
As túas palabras
guiaron a revolución
que se agochaba
no meu interior.

Os horizontes vanse alonxar
un pouco máis
por cada paso
que poidamos dar.

Algún día fun semente
e a miña terra fuches ti.
Cando hai amor que rega,
só nos queda atopa-lo sol.

Avanzando canda ti
abrín camiños
que estaban por descubrir.

Necesitaba do silencio
para comprender
que a utopía eres ti.

Teño tantas cousas por dicir,
tantas lembranzas
que os anos non borrarán.

Agradecido a esta vida
por consentir
que o teu camiño
estivera xunto a min.

Os horizontes vanse alonxar
un pouco máis
por cada paso
que poidamos dar.

Algún día fun semente
e a miña terra fuches ti.
Cando hai amor que rega,
só nos queda atopa-lo sol.

Algún día fun semente
e a miña terra fuches ti.
Cando hai amor que rega,
só nos queda atopa-lo sol.