Ataque Escampe

Santos Dos Últimos Días


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


Non tiña ningún plan, non, pero un día aparecestes no meu portal como a estrela da mañá.
Dixestes «adeus, señor».
Non sei por que non me aceptades como un de vós.
E eu que inventei o botellón.
Son máis vello que internet, pero neste corazón, you know, queda moito tempo que perder.
Canto cobran por tatuar?
Canto durará esta pel?
Talvez así o tempo deixe de pasar. Non sei facer skate,
OK, pero nunca é tarde, amigos, para aprender: saio de choiar ás seis.
Non fago abdominais xamais, pero o corpo a quen lle importa se é tan fugaz?
Eu tamén teño certo swag.
Nas entrañas do Youtube busco os éxitos do trap: hostiá, esa é a vosa idea de glamour? Que autoestima tan brutal.
Que volátil o pracer. Non sei, creo que aínda así vos quero igual. Sodes así, duros, fermosos e ruíns. Santos dos últimos días. Eu durmiríame abrazado a todos vós. A vida é a merenda dos campións. Strawberry fields, non me tratedes así.
Santos dos últimos días. Eu durmiríame con soños dixitais, beautiful like diamonds in the sky.