Ataque Escampe

E Eu Que Chorei Con Ghost


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


E eu que chorei con Ghost, nas vodas, nos bautizos, nas comuñóns, vouvos transmitir esta infección.
Os zombis sodes os demais, non vedes que eu só sei camiñar tan lento e doce como o baile dunha anciá.
É como en Thriller pero sen a lúa chea: bailamos todos cara a atrás. Mañá decidiremos se pagou a pena o de arrastrarnos polo chan. Eu son da xeración da eterna adolescencia.
Na disco xa non hai sofás. Os zombis sodes os demais, nunca poñedes corazóns no Whatsapp, e eu que chorei co último episodio de Alf. Hai moito tempo que non probo a carne humana.
Por fin me vou quitar do sal.
Agora o Hevi canta Os calcetís de Drácula e todo é sobrenatural.