Ataque Escampe

Barrio Sésamo


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


Chegarás un día coa tarxeta Benvida.
O tren dos turistas correrá por aquí.
Pode ser un virus, pode ser a vida. Non sei por que carallo estou tan feliz.
Aínda se ven coches teledirixidos.
Que ben soan os Chunguitos en cassette.
Teño medo aos monstros: ven vivir comigo a 1986.
Oito bits, Felipe González, oito bits,
Canción triste de Hill Street. Billie Jean, fumar nos bares, Billie Jean, Canción triste de Hill Street.
Esta é unha canción de cando eramos pequenos, coa mancha de humidade enriba de nós.
Aínda hai moitos ionquis.
Non están no Facebook: seguen nas barracas do meu corazón. Porky’s III, Felipe González, Porky’s III, como os fillos que non terei. Purple Rain, cometa Halley, Purple Rain, como os fillos que non terei. Son as cousas que olvidamos as que din o que seremos. Ti es a raíña do mambo e eu o rei do Barrio Sésamo. Brindan todos os xitanos, brindan chinos, brindan negros. Somos bestas galopando: aínda te hei botar de menos. Son as cousas que olvidamos as que din o que seremos. Ti es a raíña do mambo e eu o rei das tartas de Mondoñedo.