Ataque Escampe

Vida Eterna


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


A familia discutirá cando volva á casa.
Miran todos para o Luar e para Pasapalabra.
No fogar sentirás calor. As familias discuten.
Se non che gusta algunha voz, mételle autotune.
Á noite escribo cancións de amor para un amor futuro.
Ás mañás son profesor de robótica nun instituto.
O alumnado é xenial: non calan un segundo.
Un día voume enfadar, porque nin un puto segundo.
Diamantes para a eternidade. Diamantes en bruto.
Este sábado vou pasear ás fragas do Eume.
Un momento de relax: teño que coñecerme.
Son como HAL 9000, un ser obsolescente.
A vida pasa suave alí coas follas perennes.
Follas perennes, folla perenne.