Ataque Escampe

Papá Borracho


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


Meu pai foi o maior borracho que existiu.
Vamos tomar algo e ser amigos. Que descanse en paz: os paxaros seguirán cantando, fai un día extraordinario. Vamos tomar algo, a vida é unha festa tropical.
Meu pai foi un señor que baixou comprar tabaco cando eu tiña nove anos.
Míster Ed era un cabalo e nunca abandonou a Wilbur Post. Vas ir durmir ou aínda vés á Cadeira Eléctrica?
No armario do salón escondía vídeos porno, máis chulo que Stoichkov. Noites de agosto: acéndense as farolas no seu honor. You’ll never walk alone. Pecharemos discotecas, moveremos as cadeiras. Que estraña beleza: poremos toda a carne no asador. Vas ir durmir ou aínda vés á Cadeira Eléctrica?
Meu pai foi o maior borracho que existiu.
Vamos tomar algo e ser amigos dunha vez.