Juan Pardo

Feitos


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


Doce són do carro que canta nunha aldea
Resóa na mia ialma o teu fungar.
Os ecos dunha vella rosmando na lareira
Seus fillos po-lo mundo istán.

Feitos na terriña o feitos fora de-la, e que mais dá,
Os feitos son os que ten que contar.
Ben certo e que os galegos facemos patria afora
E agora ven o tempo de facela en casa xá.

Coma o ferro se forxa na frágoa
Nosas xentes templóuse nas bágoas...
Daquela morriña, daquela saudade,
Daquela distancia, daquela soidade
Morrendo un pouquiño e nacendo despois.
A loitar polos nosos traballando millor...
Aquela morriña, aquela saudade.
Aquela distancia, aquela soidade.
Correndo-lo mundo en calqueira cidade
Da patria galega sempre tes hermandades.
Señora miña nai, Galicia...
Non quero ver que chora mais.
Si tantos fillos ten... ledicia!
Ben feitos ten os fillos, nai.

Señora miña nai, Galicia...
Galegos po-lo mundo...
ben feitos van...
Van feitos., ben feitos...
Facéndose camiño po-la mar.
Van feitos., ben feitos...
E as estrelas aloumiñan seu andar.
Van feitos, ben feitos...
Unhos quedan na terriña por loitar...
Van feitos, ben feitos...
Outros andan po-lo mundo a traballar.

Señora miña nai, Galicia...
Ben feitos ten os fillos...
Miña Nai!