Admirando a Condición


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp

Sen pararse nin bulir
Marcha a vida e eu aquí,
Apelando á comprensión
Dun xurado sen perdón,
Dun exército sonámbulo,
Dun santo con fusil,
Dun metódico axudante de arlequín.
Promulgando un baleiro legal,
A queima do cuartel,
Repatriando as exiliadas de Babel.

Pido prórroga de fe
Pospoñendo o meu ceder,
Adiando a decepción,
Admirando a condición
Dun dogmático sen límites,
Do ateo inquisidor,
Dunha liga de insubmisos da razón,
Dun escéptico atónito,
Dun mundo sen muller,
Dun arrítmico afillado de Ravel.

Admirando a condición
Do ridículo, do absurdo, do ilóxico...
Apelando á comprensión...


Autor(es): Maria Xose Silvar Fernández