Pepa


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp

Na vida me vai pasar
A primeira vez que a vin,
Tiña aqueles ollos grandes
Dentro deles me perdín.

Uns poucos días despois
Volvémonos atopar
E naquela mesma noite
Durmiuse na miña man.

E que na vida me vai pasar...

Ao vir a mañá lembrei
O daquel porto de mar,
Eu quería que quedara
Ela non quería marchar.

E o que tivo que pasar
Para escreber esta canción,
Unha tarde que chovía
A miña beira deixou.

Deixoume naquel serán
Sen ningunha explicación,
Só pensar naquela noite
Encólleme o corazón.

Pero como a nosa historia
Non foi nun porto de mar,
Non pasou verán nin inverno
Pepa voltou coa mañá.


Autor(es): Maria Xose Silvar Fernández