Unha Mañá de Setembro
Un día vin amencer
Unha mañá de setembro
Un día vin amencer
O ceo contra os teus ollos
Pouco podía facer
O ceo contra os teus ollos
Pouco podía facer
Eres a lúa no mar
Eres a sombra na area
I-eres a lúa no mar
Eres todo canto vexo
Non te deixo de pensar
Eres todo canto vexo
Non te deixo de pensar
Non ergas o teu ollar
Non mires o ceo amor
Non ergas o teu ollar
Que a lúa non quere estrelas
Que a poidan eclipsar
Que a lúa non quere estrelas
Que a poidan eclipsar
Estimaba de te ver
Habías de vir contento
Estimaba de te ver
Para falar, para ouvirte
Para darche o meu querer
Para falar, para ouvirte
Para darche o meu querer
Dáme do teu ben querer
Déitate aquí ao meu carón
Dáme do teu ben querer
Que prefiro mil pesares
á morte de te non ver
Que prefiro mil pesares
á morte de te non ver
Ule o recendo do mar
Cando pasas por aquí
Ule o recendo do mar
Pode ser o teu cabelo
Que me vés namorar
Poder ser o teu cabelo
Que me vés namorar
Canto porque sei cantar
Bailo porque me divirte
I-canto porque sei cantar
Se soubera namorarte
Habíache de falar
Se soubera namorarte
Habíache de falar
Se soubera namorarte
Habíache de falar
Se soubera namorarte
Habíache de falar
Autor(es): Maria Xose Silvar Fernández