
O mar anda
Fum á fonte,
beber auga
debaixo
dunha enramada
só para ver
ó meu amor,
que a sede
non era nada.
Arrimeime
a un pino verde
por ver si me consolaba
e o pino,
como era verde,
ó verme chorar,
choraba.
O mar anda
que desanda,
anda que desaparece.
Quen ten amores
non durme;
quen non os ten
adormece.
Autor(es): Popular galega, Uxía Senlle