Ikusten duzu goizean
Vela pola mañá, coas primeiras luces, nun outeiro,
unha casiña de fachada refulxente, entre catro carballos,
cun canciño branco no portal e á beira un manancial?
Alí vivo eu, tranquilamente.
Aínda que non sexa un pazo, quero a miña casa natal,
elixida polos meus devanceiros. Fóra da casa atópome
como se estivese perdido. Como alí nacín
Alí deixarei este mundo se non perdo o sentido.
Teño na casa as miñas propias aguilladas, legóns, arados,
xugos e correas. Polo momento sóbrame, por todas partes,
gran do ano pasado. Non morreremos de
fame, se este produce igual.
Tres vacas pacen no pradocheos de leite os ubres
coas súas becerras e xatos. Hai dous bois de cara branca
e lombo negro, con grandes cornos, carneiros, tenros años,
cabras e ovellas; todos eles son meus.
Non hai no mundo home ningún, nin príncipe nin rei, máis
feliz cá a min. Teño unha muller, un fillo, unha filla,
por outra parte boa saúde, e ademais
suficientes bens. Que máis podo pedir?
Comezo o meu labor pola mañá pero cando chega a noite
son dono da mesa. Cando casei coa miña muller
fíxenme cunha boa cristiá.En días de abstinencia,
non introducirá no pote óso ningún de touciño,
nin tan sequera por descuido.
Piarres é o meu fillo, moi espabilado para o novo que é.
Moi cedo leva xa o rabaño aos pasteiros. Se segue
os meus pasos, como parece que fará, non perderá a facenda.
A miña filla Kattalin, aos seus once anos, parécese á súa nai.
Ten os seus mesmos ollos, parecen o fondo do ceo azul.
Creo que co tempo, polo que vexo, se converterá nunha boa muller.
Ao vivir sobradamente, non debemos na terra
deixar famento ao compañeiro. A necesidade nunca chama
á porta da nosa casa, agás no caso de que dispoñamos
dun bo banquete e haxa un sitio ao noso carón.
A miña muller María é unha muller traballadora, non
demasiado corpulenta. Cun sorriso consigo na casa canto ben quero.
Pido a sorte de rematar a miña vida como a comecei.
Autor(es): Jean Baptiste Elizanburu