Maitia nun zira


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp

Onde estás, amada miña? Non te vexo, nin teño novas túas, ónde te perdiches?
Quizais cambiou o teu designio? Dixéchesme, unha e outra vez que eras miña.

Son a de sempre, non cambiei, o meu corazón decidiu amarte a ti.
Un pai ciumento provocou isto. El prívame de verte e de falar contigo.

Pai ciumento, mandas á túa filla, como se fuxises de min, a ese convento.
De todas as formas non ingresará monxa.
Mantemos a nosa palabra, xa nos prometemos, é a pura verdade.

Vén verme cabalgando no teu cabalo, vén consolarme, a escondidas do meu pai.
Teño cumpridos vintecatro anos, dentro doutro máis,
xa non terei que preocuparme do meu pai.

A todas as fillas lles digo: "fixádevos en min, facede o que eu vos digo.
Mentres son novas, a disciplina é boa!
Cando sexan maiores, será tarde entón; ben que o sei".


Autor(es): Popular vasca