Lili eder bat badut nik


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp

Hai tempo teño elixida una fermosa flor
pero non me atrevo a collela nas miñas mans,
pois sei qué perigo ten mirala demasiado.

Fermosa flor, mírame e dime se me queres de verdade,
os teus ollos feriron no máis profundo o meu corazón
e corre o risco de gangrenarse esa ferida.

Non quixera que che ocorrese desgraza ningunha pola miña culpa.
Non me parece que os meus ollos te ferisen xamais.
Polo tanto, no corres perigo, non morrerás diso.

Qué ben e tenramente sabes falar,
gustaríame poder facerche una visitiña breve.
Moito desexaría que mo permitises.

Podería permitilo, querido, non teño un corazón tan cruel,
pero antes desexaría coñecer todos os teus desexos,
a xente podería estrañarse de que me visitases.

Non son certamente nin conde, nin nobre,
non é un grande asunto para que chames a atención de ninguén;
es ti a simple e a chea de fantasías.

Sei que son simple e que seguramente iso é así,
pero paréceme que ti ben sabes do que che falo;
xa teño agora a miña fortuna, e non precisamente dada por ti.


Autor(es): Popular vasca