Haika, mutil


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp

—Arriba, criado, érguete
mira se amenceu.
—Si, amo, hai luz,
o noso galo fóra está.

—Arriba, criado, érguete
mira se chove.
—Si, amo, chove,
o noso can mollado está.

—Arriba, criado, érguete
mira se hai lume.
—Si, amo, lume hai,
o noso gato quente está.

—Arriba, criado, érguete
mira qué hai aí.
—Si, amo, vento hai,
a nosa xanela aberta está.

—Arriba, criado, érguete
mira qué hai fóra.
—Si, amo, neva,
a terra de branco cuberta está.

—Arriba, criado, érguete
mira qué hai na auga.
—Si, amo, hai unha ovella,
dende hai tempo afogada está.

—Arriba, criado, érguete
mira qué bo andar hai.
—Si, amo, iso é verdade,
este criadiño canso está.


Autor(es): Popular vasca