Himno Galego
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confin dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria ao rudo encono
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xeneros
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
ao noso rouco son,
máis só os ignorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros,
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán,
pois, donde quere, xigante
a nosa voz pregoa
a rendezón da boa
nazón de Breogán.