Alalá Das Mariñas
Teño unha casiña branca
na Mariña entre loureiros,
teño cas e teño amores
e estou vivindo no ceo.
Ailalala, ailalala...
Adeus á miña casiña,
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro
Ailalala, ailalala...
Adeus, estrela brillante
compañeiriña da lúa;
moitas caras teño visto
mais coma a túa ningunha.
Ailalala, ailalala...