Carballeira De San Xusto


Carballeira de San Xusto,
Carballeira derramada (enramada),
naquela carballeiriña,
perdín a miña navalla.

Perdín a miña navalla,
máis valera non perdela,
fíxenme de alí veciño
e casei con Rafaela.

Carballeira de Tenorio,
heina de mandar cortare
cando vou pra Pontevedra,
non deixa ve-lo mare.

Unha nena me pediu
Zapatos de chocolate,
cunhas fibelas de azucre;
Mire usté que disparate!

Aldeíña de Baldaio,
aldea de poucos homes,
e aqueles poucos que quedan
chámanlles remendafoles.

Se soubera que ti viñas,
como de certo viñeches,
mandaba alfombra-la rúa
cun ramiño de alcipreste.

Canciones más vistas de