Eu Caseime Cunha Vella


Eu caseime cunha vella, ai,
seica o demo me atentou, BIS
alá pola media noite, ai,
na cama se esfurricou. BIS

Eu caseime cunha vella
porque tiña o coiro duro, BIS
e os condenados dos ratos
furáronlleme o bandullo. BIS

Unha vella fixo papas
e o pote botoullas fóra, BIS
hai un ano que foi iso
e aínda hoxe a vella chora. BIS

Agora xa non se usa
matar as pulgas coa uña, BIS
métense nunha burata
e dáselles cunha cuña. BIS

Eu caseime cunha vella
por causa da pillarada BIS
e vai o demo da vella,
trouxo dez nunha niñada. BIS

Canciones más vistas de