Eu Caseime No Araño
Eu caseime no Araño,
Coa filla dun arañón;
Ela bonita non é,
Pobre sí, honrada non.
Eu caseime na montaña
porque había moito pan,
o forno da miña sogra
bota silvas polo verán.
Eu caseime coa bonita,
coa bonita sen facenda,
agora quero comer
a bonita non me alembra.
Eu caseime por un ano,
por saber que vida era,
o ano vaise acabando,
solteiriña quen me dera.
Eu caseime por un ano
coidando de vender allos,
gora vendo cebolas
por causa dos meus traballos