Foliada De Amoeiro
Ai mozas do Chan de Amoeiro,
ai cantai alto, ai cantai alto,
ai mozas do Chan de Amoeiro,
ai que vos sinta o meu querer,
ai cando vou pró fiadeiro.
Ai lalelo, ai lalalo
Alá vai o gaiteiro
por detrás do pinar,
vai tocando unha gaita
xa podedes bailar.
Alá vai o gaiteiro,
alá vai, alá vai.
Ai, caben nunha saquetiña,
ai, teño un saco de cantigas,
ai, caben nunha saquetiña.
Ai, non me esteas enfadando,
ai, que desato a baranciña.
Ai lalelo, ai lalalo
Alá vai o gaiteiro
por detrás do pinar,
vai tocando unha gaita
xa podedes bailar.
Alá vai o gaiteiro,
alá vai, alá vai.
Ai, bebe na fote de prata,
ai paxariño, pico de ouro,
ai, bebe na fonte de prata.
Ai, coitadiña da neniña,
ai, que por amores me mata.
Ai lalelo, ai lalala
Alá vai o gaiteiro
por detrás do pinar,
vai tocando unha gaita
xa podedes bailar.
Alá vai o gaiteiro,
alá vai, alá vai.