Foliada De Barro De Arén


Viva Barro,
viva Barro,
viva Barriño de Arén,
viva Barro, viva Barro,
viva Meilide, tamén.

Moreniña por morena,
téñoche o ollo botado,
has de ser miña muller,
ou non hei de ser casado.
Ai lalelo, ai lalalo

Miña monteira garrida,
miña monteira garrida,
moito me tes encuberto,
alá por Soutelo arriba.
Ai lalelo, ai lalalo

Os solteiros valen ouro,
os casados valen prata,
os viúvos caldeirilla
e os vellos folla de lata.
Ai lalelo, ai lalalo

Canciones más vistas de