Foliada De Tenorio


Carballeira de Tenorio,
heina de mandar cortare
cando vou pra Pontevedra,
quítame a vista do mare.

As de alá arriba cando van co gando
espeta a vara e bailan o tango
e bailan o tango e maila muiñeira,
as de alá arriba non hai quen as queira.

Ó gaiteiro de Soutelo
mal raio de dio-lo mate,
non quere toca-la gaita
sen que den chiculate.
ailalelo, ailalala

Cando saín de Soutelo
os meus ollos eran fontes,
adiós montes de Soutelo,
adiós Soutelo de Montes
ailalelo, ailalala

Carballeira de San Xusto,
Carballeira derramada
naquela carballeiriña,
perdín a miña navalla

Canciones más vistas de