Foliada De Vilaxoán
Moi ben capeas o vento
miña dorna mariñeira,
moi ben capeas o vento,
fas coma unha boa moza,
ai, que anda con dous a un tempo,
que anda con dous a un tempo.
Ai lalelo, ai lalala
Alá van as dornas do xeito
pescar as sardiña a eito
e van cara á banda do mar
porque en Rianso algo van pescar
Nunha lanachiña de vela
pasei a ría de Arousa,
nunha lanciña de vela.
Non vin cousa máis bonita,
ai, nin penso volver a vela,
nin penso volver a vela.
Ai lalelo, ai lalala
Alá van as dornas do xeito
pescar as sardiña a eito
e van cara á banda do mar
porque en Rianso algo van pescar
Parei en Vilaxoán
indo para Vilanova,
parei en Vilaxoán,
tomei unhas revenidas,
ai, moi ben mollaban o pan,
moi ben mollaban o pan.
Ai lalelo, ai lalala
Alá van as dornas do xeito
pescar as sardiña a eito
e van cara á banda do mar
porque en Rianso algo van pescar
De ter as mellores xoubas
Vilaxoán ten a sona,
de ter as mellores xoubas,
son da praia de Canelas,
ai, coma elas non hai outras,
coma elas non hai outras.
Ai lalelo, ai lalala
Alá van as dornas do xeito
pescar as sardiña a eito
e van cara á banda do mar
porque en Rianso algo van pescar