O Cantar Do Arrieiro


O cantar do arrieiro
éche un cantar moi baixiño;
cántano en Ribadavia
resoa no Carballiño.

Barqueiros de Ribadavia
vídeme pasar a min
que veño de santa Rosa
e vou pró san Agustín.

Santo Hadrián é barqueiro
barqueiro é santo Hadrián;
santo Hadrián é barqueiro
que leva o remo na man.

Desoutro lado do río
teño unha parriña de uvas
e o barqueiro non me pasa,
e elas caen de maduras

Canciones más vistas de