O Mar Anda Que Desanda


O mar anda que desanda,
anda que desaparece;
quen ten amores non dorme,
quen non os ten adormece (adoece)

Mire, meu pai, mire, mire como veño:
véñolle morto de frío con fame dun ano e medio,
mire, meu pai, mire, mire como veño.

Na casa dos pobres
reñen e todos teñen razón
as mulleres pola saia
e os homes polo calzón.

Mire, meu pai, mire, mire como veño:
véñolle morto de frío con fame dun ano e medio,
mire, meu pai, mire, mire como veño.

Se chove,deixa que chova
se orballa deixa orballar
que eu ben sei dun abriguiño
onde me hei de ir abrigar.

Mire, meu pai, mire, mire como veño:
véñolle morto de frío con fame dun ano e medio,
mire, meu pai, mire, mire como veño.

Miña nai, miña naiciña
coma miña nai ningunha
que me quentaba a cariña
coa caloriña da súa.

Mire, meu pai, mire, mire como veño:
véñolle morto de frío con fame dun ano e medio,
mire, meu pai, mire, mire como veño.

Farruquiño anda no monte
coa capa remendada;
ben cho dixen Farruquiño:
quen mal anda mal acaba.

Canciones más vistas de