O Piollo E A Pulga Querían Casar


O piollo e a pulga
querían casar;
non tiñan panciño
para escomezar.

Saíu a formiga
da súa graneira;
mandade recado
que eu son panadeira.

Ai, miña vidiña,
panciño xa temos
mais falta o viño,
onde o buscaremos?

Saíu o mosquito
do seu mosquiteiro;
o viño non falta
que eu son arrieiro.

Ai, miña vidiña,
viñiño xa temos
mais falta o mantel,
onde o buscaremos?

Saíu o mosquito
do seu mosquiteiro;
o viño non falta
que eu son arrieiro.

Ai, miña vidiña,
viñiño xa temos
mais falta o mantel,
onde o buscaremos?

Saíu unha araña
da súa arañeira;
mantel non vos falta
que eu son tecedeira.

Ai, miña vidiña,
mantel xa che temos
mais falta o gaiteiro,
onde o buscaremos?

E o grilo cantou
porque é moi grileiro;
gaitiña non falta
que eu son o gaiteiro.

Ai, miña vidiña,
gaiteiro xa temos
mais falta a madriña,
onde a buscaremos?

Saíu a ranciña
da súa pociña;
mandade recado
que eu vou de madriña.

Ai, miña vidiña,
madriña xa temos
mais falta o padriño,
onde o buscaremos?

Saíu o ratiño
do seu buratiño;
mandade recado
que eu vou de padriño.

Mais cando a voda
se puña en camiño
veu o señor gato
e comeu o padriño.

Canciones más vistas de