Pandeirada De Tella
Veño do lugar de Tella
de ver unha telleana,
que me rouba o corazón
e se me meteu na ialma.
Ailalala, ailalala
A pandeira sen ferreñas
e as ferreñas sen pandeira
son como a barca sen remo
e o remo sen mariñeiro.
Ailalala, ailalala
O pandeiro ten a culpa
o pandeiro tena toda,
o pandeiro ten a culpa,
que lle dean e non resoa.
Ailalala, ailalala