Pandeiretada 2


Un vello e mais unha vella,
ai, fixeron unha trasnada BIS
empezaron a brincare,
ai, e quedaron na estacada BIS

Os vellos non valen pra certos traballos,
o demo os atenta meterse en fregados,
meterse en fregados mellor lles sería
cun prato de papas quenta-la barriga.

Dúas vellas garuleiras,
ai, andaban buscando home BIS
e dicíalle unha á outra:
ai, xa escampará se non chove BIS

Os vellos non valen pra certos traballos,
o demo os atenta meterse en fregados,
meterse en fregados mellor lles sería
cun prato de papas quenta-la barriga.

Miña sogra ó peneirare,
ai, todo o corpo sarandea, BIS
rabea por ter un home,
ai, está caendo de vella BIS

Os vellos non valen pra certos traballos,
o demo os atenta meterse en fregados,
meterse en fregados mellor lles sería
cun prato de papas quenta-la barriga.

Eu caseime cunha vella,
ai, sei que o demo me atentou
alá pola media noite,
ai, na cama se esforricou

Canciones más vistas de