Teño Unha Moza En Padrón
Teño unha moza en Padrón
e tamén é pementeira,
cando vou vela de noite, ailailala,
ládrame o can desde a eira.
Chegaron as pementeiras,
hai alegría na praza,
vou ver se chegou con elas, ailailala,
tamén a miña rapaza.
Heiche de roubar un bico,
mira que cho hei de roubar,
ó carón da túa porta, ailailala,
sen que me vexa o teu pai.