Unha Noite Na Eira Do Trigo


Unha noite na eira do trigo
ó refrexo do branco luar
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.

I a coitada entre queixas decia,
"xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".

Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento
i o lamento repetía:
"vou morrer e non vén o meu ben!".

Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor
emigrado, camiño de America
vai o pobre, infelís amador.

I ó mirar ás xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
" quen pudera dar volta - pensaba-,
quen pudera convosco voar!".

Mais a aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
solo os ventos repetían:,
"quen pudera convosco voar!"

Noites craras de aromas e lúa
desde entón que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena
prós que viron un barco marchar!

Dun amor celestial verdadeiro
quedou solo de bágoas a proba
unha cova nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.

Canciones más vistas de