Non te entendo


En arameo eu nada comprendo.
En arameo de nada me cosco.
En arameo que pouco me entero.
En arameo eu non te entendo.

… eu non sei por que carallo ti … me falas en arameo !!!

En esperanto non sei de que vai o conto.
En esperanto rómpeslle a cabeza a un santo.
En esperanto ti es un espanto.
En esperanto eu non estou ao tanto.

… eu non sei por que carallo tí …me falas en esperanto !

Non te entendo … falas moito e non te entendo.
Non te entendo … nese idioma non te entendo.
Non te entendo … non tes xeito, non te entendo.
Non te entendo … nesa fala non te entendo.

… pero en que carallo falas ti ?
… aquí non se fala así ¡