Luar Na Lubre

A Flor Da Iauga


Print songSend correction to the songSend new songfacebooktwitterwhatsapp

Madrugada de San Xoán
Madrugada máis garrida
Que baila o sol cando nace
E ri cando morre o día
¿Onde vai nosa señora?
¿Onde vai Santa María?
- Vai cara a banda do mar,
vai cara a banda da ría.
¿Que di esa virxe, que dis?
¿Que dis Santa María?
- ¿Cal será a meniña, cal,
que colla a frol da iauga fría?
- Non será dama nen deuda,
que será a princesa Aldina,
a princesa namorada
filla do rei de Galicia
Non hai outra coma ela
tan feitiña e tan bonita
co´aqueles seus ollos craros
do color da auga da ría.
Soio ti, Aldina, serás
quen leve a frol da iauga fria. (bis)
Érguete do leito, nena,
ven cara a banda do mar,
que anque ti veñas soíña
en compaña has de tornar.
Cando ao redor da túa nación
anque está lonxe o día
móvense os lirios dun leito
algunha xente se erguía
E a princesa, ¡Deu-la garde!
Era moi garrida Aldina
que vai día de San Xoán
cata-la frol da iauga fría.