Lucia Perez

Amarás Miña Terra


Print songSend correction to the songSend new songfacebooktwitterwhatsapp


Falando e falando xa sabes de min
Que veño de lonxe, o mesmo que ti
Que cando o meu cuarto xa queda pequeno
Pechando os meus ollos nos soños esperto
Por verdes paixases xunto a un mar azul

Quixera traelos aquí xunto a ti
Para que poideses conmigo sentir
Sentir a humidade que hai baixo das follas
E ver que tamén ti namóraste e soñas
Con non saír nunca de alí

Se me queres a min amarás miña terra
Xa virás algún día ver onde eu nacín
Se desexas amor e as miñas caricias
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén
A miña Galicia

Falando e falando quéroche contar
Que eu me imaxino podendo voar
E como nun conto bogando nos ríos
Teu mundo e o meu mundo por sempre fundidos
E xuntos de novo soñar

Se me queres a min amarás miña terra
Xa virás algún día ver onde eu nacín
Se desexas amor e as miñas caricias
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén
A miña Galicia, a miña Galicia

Se me queres a min amarás miña terra
Xa virás algún día ver onde eu nacín
Se desexas amor e as miñas caricias
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén
A miña Galicia, a miña Galicia

A miña Galicia