Cantiga Das Namoradas


Print songSend correction to the songSend new songfacebooktwitterwhatsapp

Corazón por corazón,
home non troques o meu
porque o meu corazonciño
sempre foi leal ao teu.

Desgraciado do loureiro
que está á beira do camiño,
cada persoa que pasa
tíralle o seu ramalliño.

Quixera ser dos paxaros
que anduriñas lles chaman,
para facer o meu niño
ao pé da túa ventana.

O paxariño do prado
ao ver as flores se alegra,
eu con ver a túa cara
boto fóra as miñas penas

The most viewed