Nao

Só quero un adeus


Print songSend correction to the songSend new songfacebooktwitterwhatsapp

Dar un paso atrás,
mover as horas
atrasar o reloxo para
camiñar á contra
Xirar a agulla con dozura
corrixindo os erros

E sinto que todo
é unha lección, un soño
que afoga os meus folgos
Apaño recordos
saboreo os encontros
só quero un adeus

Cando a distancia non son metros
son barreiras alleas
E a rotina e a pereza
converten en cadeas
Non a rompín a tempo.
Desertos de silencio
Culpa e bágoas,
o lamento que se perde co vento

E sinto que todo
é unha lección, un soño
que afoga os meus folgos
E apaño recordos
saboreo os encontros
só quero un adeus

Quero pensar que só hai un ceo
e non existe o inferno

Quero crer que nos veremos
máis tarde que cedo

Quero buscar como falarche
do meu cerebro

Pasa o tempo, pasa a vida
e eu aínda te quero

Supeditei os actos
e non estivemos xuntos
uooooh, uooooh

Hoxe o traballo e a pereza
só son unha excusa

E sinto que todo
é unha lección, un soño
que afoga os meus folgos
Repaño recordos,
maldigo os desencontros
máis tarde ou cedo aí estarei
sentado no teu colo