Sabela Ramil

Benditas feridas

Print songSend correction to the songSend new songfacebooktwitterwhatsapp


Pouco a pouco
Vou deixando de esperar
E secando as miñas ganas de chorar
A luz tornouse a miña escuridade

Un mar de dúbidas
Rompeu a miña dor
Foi batendo contra a miña voz
Abrindo as portas do meu corazón

Benditas as feridas deste amor
Feridas que non curarán xamais
Bendito o meu tormento e tanta dor
Porque dela aprendín, amor

Benditas as feridas deste amor
Feridas que non curarán xamais
Bendito o meu tormento e tanta dor
Porque del aprendín, amor