Luar Na Lubre

Mártiros e o Vákner


Print songSend correction to the songSend new songfacebooktwitterwhatsapp

Mártiros o peregrino
Que veu dende Armenia
Polos montes de Dumbría
Vai cara Fisterra.

E nos montes de Dumbría
O Vákner topou
Unha besta arrepiante
Da cal el zafou.

Besta vákner, Vákner monstro
Que estás en Dumbría
Grazas ao señor Santiago
Mártiros librou.

Que chegou de Armenia
Vaia cara Fisterra
Montes de Dumbría
Mártiros zafou.

Mártiros o peregrino
Que chegou de armenia
Polos monte de Dumbría
Vai cara Fisterra

Din que vintecinco homes
Co Vákner non poden
E nos montes de Dumbría
Mártiros librou.

Besta Vákner, Vákner monstro
Que estás en Dumbría
Grazas ao señor Santiago
Mártiros zafou.

Que veu dende Armenia
Vai cara Fisterra
Montes de Dumbría
Mártiros librou.