Cultura Crítica


Print songSend correction to the songSend new songfacebooktwitterwhatsapp

Unha cultura da crítica ridícula
Unha cultura da envexa máis submisa
Lacaios progres gozan sendo fariseos
Na súa miseria, paletismo e postureo

Trátannos coma tratan ás aldeas
O caché dos de fóra non o regateas
Rimas incendiarias, non pirómanas
Toma xa, leis autoritarias, sociedade autómata

Cultura de base, deixa que arrase
Guau, Castelao rimando nunha base
Sube isto a tope que vas ver
SonDaRúa rimando co Jasper
Buscabamos forza pola beira
Viñeron as Tanxugueiras
Cada un conta según vai a feira
E o que nos conta o goberno xa cheira

Hoxe danzamos na calor
Erguendo xuntas unha voz dunha cultura
Propia e libre!

Somos na vella un alalá
No pub un punk, no barrio un rap
Cultura crítica
A voz do pobo!

Somos cultura crítica política
Orgullo propio, autoestima e irmandade
Cultura alegre na mani cantaremos
Nas festas da Galiza: queremos galego!

A poetisa que tatúa cos seus versos
"Non coñezo maior patria que o teu nome"
O teatro que fai mofa da súa corte
Alexandre Bóveda enfrontando a súa morte

Unha cultura moitos anos perseguida
Busca agora os beizos novos
Que lle devolvan a vida
A música é unha ferramenta pra darlle saída
A un sentimento que dentro xa ves non ten cabida
Queiman os montes, secan as fontes
Queren das túas moedas como Caronte
Que agaches ben a cabeza
Cando eles repriman cada vez máis forte
E somos do norte, o 155 pra vós
Dicen que a xustiza é lenta pero se interesa
Pode ser veloz

Hoxe danzamos na calor
Erguendo xuntas unha voz dunha cultura
Propia e libre!

Somos na vella un alalá
No pub un punk, no barrio un rap
Cultura crítica
A voz do pobo!

Xa non temos fame, non imos calare
Seguiremos rindo, seguiremos a soñare
Vivan as matriarcas, vivan as foliadas
Colle a pandeireita e afinade esas guitarras

Xa non temos fame, non imos calare
Seguiremos rindo, seguiremos a soñare
Viva a nosa historia, a nosa memoria
A nosa cultura é a nosa maior xoia

Xa non temos fame, non imos calare
Seguiremos rindo, seguiremos a soñare
Vivan as mulleres, querémonos vivas
Viva a nosa lingua, por sempre unha lingua viva

Mais segue habendo quen nega a realidade
Como carallo negan a quen busca liberdade?
Contra a explotación, contra os vampiros
Artistas de todo o mundo, unídevos!

Tentaron sempre silencias
Quixeron ridiculizar
A nosa herdanza

Fracasaron na súa misión
Saímos ao mundo cunha voz
Na nosa lingua

Hoxe danzamos na calor
Erguendo xuntas unha voz dunha cultura
Propia e libre!

Somos na vella un alalá
No pub un punk, no barrio un rap
Cultura crítica
A voz do pobo!