Perfidia


Print songSend correction to the songSend new songfacebooktwitterwhatsapp

Muiñeira montañesa
Muiñeira montañesa
Nunca vin unha muiñeira
Tan sinceira coma esa

Fuches falar mal de min
A quen logo mo contou
Sempre quixen ben e quero
A quen me desenganou

Teño unha herba na horta
Que rebenta polo pé
Tamén te ía rebentar
Por dicir o que non é

O que ben quixo algún día
Se a querer ten afección

Sempre lle queda unha bágoa
Dentro do seu corazón

Quero cantar e estar leda
Que a tristura non fai ben
Aínda non vin a tristura
Dar de comer a ninguén
Muiñeira montañesa

Muiñeira montañesa
Nunca vin unha muiñeira
Tan sinceira coma esa