Verde gaio


Print songSend correction to the songSend new songfacebooktwitterwhatsapp

As penas do verde gaio
son verdes e amarelas,
non me toques senón caio
non me rómpa-las canelas.

O do verde gaio o do rastrastrás
quero o meu amor quero o meu rapaz,
o do verde gaio o do rustrustrús
quero o meu amor quero ben Xesús.

Oh señora Ana, señora María,
o seu galo canta i o meu asubía,
o señora Ana o seu galo deu
unha latadiña na cara do meu.

Vai tu vai tu vai ela
vai tu pra casa dela,
vai tu vai tu vai ela
vai tu pra casa dela.…

Meu caño, meu cañonciño,
todos che chaman pequeno,
a mi me pareces grande
co cariño que che teño.

E do meu gosto
é da miña opiniao,
é da madeira mais fina
da raíz do coração. …

O cariño que che teño
e mais o que che hei de ter,
colle na folla dun toxo
e mar non a ha de encher.
Anubía i anubía
i anque anubía non chove
o meu amor está malo
anque está malo non morre.


Writer/s: Popular galega

The most viewed

Popular galega songs in May