BIEITO ROMERO


Fecha de nacimiento:
03 de octubre de 1964

Sumario
Trovapedia
Canciones compuestas por
Bieito Romero
Cancioneros con canciones
de Bieito Romero
Artículos relacionados con
Bieito Romero
Bieito Romero, nado na Coruña o 3 de outubro de 1964, é un gaiteiro galego, membro fundador do grupo Luar na Lubre.


Traxectoria



A súa afección pola música comezou de moi novo, interesándose polas músicas tradicionais e de raíz de Galiza e dos países celtas. Con trece anos iniciouse coa gaita galega maila á dificultade que supuña avanzar musicalmente naqueles momentos para este tipo de música.

Aos poucos anos creou xunto con outros músicos coruñeses formacións musicais nas que desenvolvía a súa aprendizaxe, como Adro, Neboeiro ou Roi Xordo, coas que fixo varias actuacións.

No ano 1986, e xa cunha formación musical máis madura, creou Luar na Lubre, grupo co que acadou o maior dos seus éxitos, logrando traspasar fronteiras, conseguindo premios, vendas e recoñecemento como ningún grupo galego fixera antes.

Participa paralelamente a Luar na Lubre en distintas formacións folclóricas e etnográficas de recoñecido prestixio, como o grupo de música e bailes tradicionais Xacarandaina ou o Ballet Galego Rei de Viana, nos que desenvolveu un importante labor no eido musical.

Foi profesor de gaita durante moitos anos, chegando a formar a Banda de Gaitas Os Rexumeiros, na que participaban prestixiosos gaiteiros alumnos da súa escola, como Susana Seivane, Brais e Iago Maceiras, Luisa Sarmiento ou Xan Xove.

Compositor de máis de 200 temas, foi versionado por diferentes grupos e mesmo un dos seus temas, "O Son Do Ar", foi adaptado polo músico británico Mike Oldfield, sendo o tema que abre o seu CD Voyager, converténdose probablemente na canción de orixe galega máis versionada no mundo.

Colaborou con diferentes grupos e de moi distintos estilos como Mägo de Oz, Ophiusa, Lucía Pérez, Cómplices, Pablo Bicho, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Ghandi, Briganthya ou Brandania.

Foi produtor de todos os traballos discográficos de Luar Na Lubre e traballou con artistas de diferentes estilos que teñen colaborado nos seus discos como Hevia, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Lila Downs, Adriana Varela, Donal Lunny, Mairtin O'Connor, Nollaig Casey, Diana Navarro, Pat Kilbride, Miro Casabella etc.

No ano 2010 e por encargo da produtora de cine Filmanova, compuxo e gravou a banda sonora da película Doentes, baseada na novela de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Gustavo Balza.

Na actualidade o seu traballo céntrase en Luar na Lubre á vez que dirixe en Radio Voz o programa Un Mundo De Músicas, adicado ás músicas étnicas de todo o planeta.


Discografía



Con Luar na Lubre



*O Son do Ar(1988)
*Beira Atlántica(1990)
*Ara Solis(1993)
*Plenilunio(1997)Disco de ouro
*Cabo do mundo(1999)Disco de ouro
*XV Aniversario(2001)
*Espiral(2002)
*Hai un paraíso(2004)
*Saudade(2005)
*Camiños da fin da terra(2007)
*Ao Vivo(2009)2 CD DVD
*Solsticio(2010)
*Mar Maior(2012)
*Sons da Lubre nas Noites de Luar(2012)
*Extramundi(2015)
*XXX Aniversario(2016)2 CD



Colaboracións

  • Con Xacarandaina: "Xacarandaina" (1990).
  • No L.P. de Finalistas do Trofeo Fin de Siglo interpretando a Xota dos 28 puntos e a Muiñeira de Fumaior (1991).
  • Co Grupo de Gaitas do IGAEM (1993).
  • Con Ghandi, "Xacobeo ya estoy aquí", no LP Airiños de Rock and Roll (1993).
  • Cos Diplomáticos de Monte Alto: "Terra Brava", no LP Arroutada 2 (1993).
  • Con Pablo Bicho, "Home de Verés", no CD Las cosas llegan (1998).
  • Con Brandania, "Nau", no CD El primer viaje (2001).
  • Con Complices, "María y las caracolas", no CD Cómplices a veces (2002).
  • Con Briganthya, "Trigallia", no CD Viaje de bruxas (2005).
  • Con Mägo de Oz, "Creo" e "La cantata del diablo", no CD Gaia 2, la voz dormida (2005). CD La ciudad de los árboles (2007)
  • Con Mago de Oz, "Marcha das Meigas" no seu traballo "Hechizos, pocimas y brujería" do ano 2012.
  • Con Lurte no CD "La última frontera" do ano 2013.
  • Con Luis Emilio Batallán en "Quén poidera namorala" para a banda sonora de "Pradolongo" dirixida por Ignacio Vilar.
  • Con Kepa Junkera en "Pousa" no CD "Galiza" do ano 2015
  • Con Andrés Penabad en "Álgora" do seu CD "Crossing" do ano 2015
  • Con Xulio Lorenzo no tema "Saudades" do seu CD "Cantos da ialma"


Audiovisual con Luar na Lubre



Videoclips

  • "Tu Gitana" (1997).
  • "Chove en Santiago" (1999).
  • "El derecho a vivir en paz" (2002).
  • "Os animais" (2007).
  • "Deja de llorar" (2008) Colaboración con Mago de Oz.
  • "La Molinera" (2015)
  • "The sailors hornpipe - Pasacorredoiras" (2016)

Longametraxes

  • Un bosque de música, longametraxe documental sobre o grupo dirixido por Ignacio Vilar e editado por “Via Lactea Films” no ano 2004.
  • Doentes, longametraxe dirixida por Gustavo Balza editada por Filmanova e estreada nos cines de Galicia no 2011.
  • Torre de Breoghán Longametraxe documental onde se recolle todo o proceso de gravación deste traballo inspirado no Leabhar Ghabhála Érenn e que conta coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia. Editado no ano 2014.
  • A chave de bascuas Historia baseada nunha vella lenda tradicional galega dirixida por Bruno Pena e editada no 2016.

Libros e participacións en diferentes publicacións

  • Xeometrías máxicas de Galicia, Traballo etnográfico baseado nas formas xeométricas da arte popular galega, dende a época celta ata hoxendía. Publicado no ano 2009 pola editorial "Ir Indo"
  • Revista Grial nº 173, Artigo sobre "A música galega na emigración". Editado no ano 2007.
  • Conjuro de Ana M. Rodriguez Edo. Ano 2012. Libro prologado.
  • O Son do Ar, Serie de artigos cortos para "La Voz de Galicia"


Galardóns e nomeamentos



  • 9 "premios da música" concedidos pola SGAE en diferentes modalidades.
  • 2 premios "Luar" da TVG.
  • 2 discos de Ouro por vendas superiores a 50.000 copias nos seus traballos Plenilunio e Cabo do mundo.
  • 1 Premio "Ideal Gallego" ao mellor grupo folk galego.
  • 1 Premio "La Opinión" ao mellor CD de Folk no ano 2012.
  • Gaiteiro de honra no 1º Festifolk Costa da Morte no ano 2015.
  • XVI Premio "Nordes" outorgado por Radio Nordés / Cadena Ser - Costa da Morte. Ano 2015.

Premios Mestre Mateo



Ano Categoría Título Resultado
2004Mellor música orixinalUn bosque de músicasGañador
2011Mellor música orixinalDoentesNomeado



Categoría:Personalidades da música de Galicia
Categoría:Gaiteiros
Categoría:Nados na Coruña
Categoría:Nados en 1964
 El contenido de este artículo ha sido extraído de la Wikipedia en gallego bajo licencia Creative Commons.

 










 
PUBLICIDAD
PUBLICIDAD

 

LO + EN CANCIONEROS.COM

 

HOY DESTACAMOS
Nuevo cancionero y discografía

el 22/05/2018

Presentamos el quinto de nuestros cancioneros y discografías anunciados en el marco de nuestro vigésimo aniversario. María Dolores Pradera siempre ha reivindicado —incluso cuando no estaba de moda— la obra de los grandes autores populares hispanoamericanos, desde José Alfredo Jiménez a Chabuca Granda, pasando por Atahualpa Yupanqui o Carlos Cano. Hoy la reivindicamos a ella.

HOY EN PORTADA
6 Festival Jardins de Pedralbes Barcelona 2018

por Carles Gracia Escarp el 14/06/2018

Mariza renovó su idilio con Barcelona en un concierto en el Festival Jardins de Pedralbes en el que presentó su nuevo disco de título homónimo Mariza, una obra que refleja bien el equilibrio artístico y personal de la cantante portuguesa en el presente, un espejo de calma hecho canción.

 



© 2018 CANCIONEROS.COM, CANDIAUTOR 2010 SL

Notas legales

Qué es cancioneros
Aviso legal
• Política de privacidad

Servicios

Contacto
Cómo colaborar
Criterios
Estadísticas
Publicidad

Síguenos

   

 

Acceso profesional