Trovapedia
Vota: +0


ROI CASAL




Roi Casal Figueira, nado en 1980 en Catoira, é un músico, cantante e compositor galego.


Traxectoria



Formou parte do grupo galego Milladoiro como harpista dende o ano 2000 até o 2009.

Roi Casal publicou o seu primeiro álbum en solitario, titulado Lendas Douradas, en novembro de 2008. Nel céntrase na música tradicional dende unha perspectiva pop. Son destacábeis as letras de Rosalía de Castro e de Manuel María e do propio artista en varias cancións.

En 2011 publicou Maxicamente vello, no que realiza unha interpretación da música galega dende unha visión contemporánea. Con este disco realizou unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado español e recibe numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco recibido na Habana en 2014.

En 2014 publicou Donos do noso destino, co que emprendeu unha xira internacional por Suíza, Uruguai, Arxentina e Cuba. Neste mesmo ano recibe o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación Eduardo Pondal.

Tamén en 2014, varios temas da discografía de Roi Casal son seleccionados para formar parte das bandas sonoras das series da TVG “Caseiros” e “Pazo de Familia”.

En 2016 publicou Son galego, Son cubano, froito do traballo conxunto durante case 2 anos con Xosé Neira Vilas. Estreouse no Gran Teatro da Habana (antigo Palacio do Centro Galego) con 2 funcións o 27 e 28 de maio de 2016 para continuar coa xira en Galicia ate hoxe en día. O disco consta de 12 temas e outro extra, nos que Roi Casal puxo a música ás letras de Neira Vilas. Contou coas colaboracións de Pablo Milanés e Laritza Bacallao, e incluíu un documental titulado "A Illa dos Galegos", dirixido pola cineasta cubana, Natasha Vázquez.


Discografía



  • Lendas douradas (2008)
  • Maxicamente Vello (2011)
  • Donos no noso destino (2014)
  • Son galego, Son cubano (2016)
 El contenido de este artículo ha sido extraído total o parcialmente de la Wikipedia en gallego bajo licencia Creative Commons.







 
PUBLICIDAD
PUBLICIDAD

 

LO + EN CANCIONEROS.COM
PUBLICIDAD

 

HOY DESTACAMOS
Festival Empremtes

por Xavier Pintanel el 16/10/2026

La argentina Maggie Cullen recaló en Barcelona el jueves 15 de octubre en la sala del Centre Artesà Tradicionàrius, dentro de su gira europea y en el marco de la programación del festival Empremtes. Ofreció una colección de clásicos argentinos y latinoamericanos son su mirada personal.

HOY EN PORTADA
Gira «Raíces»

por Xavier Pintanel el 19/10/2026

El cantautor chileno Manuel García inició su gira española el 17 de octubre en el CAT de Barcelona con un concierto de más de dos horas, organizado en cuatro bloques que recorrieron su repertorio, sus raíces musicales y algunas de sus influencias. Una actuación especialmente cuidada, marcada también por la muerte de su padre tres días antes.

 



© 2026 CANCIONEROS.COM